Xelís, o guieiro das botellas de mar

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Xelís, o guieiro das botellas de mar

Xelís, o guieiro das botellas de mar

Engaiola unha vez máis Rosa Aneiros coa maxia que posúe a súa escrita, unha maxia que serve para crear conciencia ecolóxica -desta volta- e para lembrar a importancia do coidado do noso planeta. Xelís, o guieiro das botellas de mar, premio Merlín de Literatura Infantil, 2019 publicado por Xerais, e ilustrado por Andrés Meixide,  volve dar no cravo da escrita para a xenta máis nova, e non tanto: a lectura non ten idade, pero si a ten o noso planeta. De aí que o noso soñador protagonista teña que falar coa súa perna ausente (cun nome que tampouco deixa indiferente) e lidiar coa simboloxía de canta catástrofe o ser humano ten creado.
 Guieiros para tormentas, ondas, aires, botellas… que tentan manter o equilibrio do planeta ata que descobren unha illa de plástico. Xelís terá que mandar mensaxes a todos os nenos e nenas do mundo cunha soa misión: loitar contra a contaminación. Unha vez máis, o noso futuro está nas súas mans, e esas mans saberán salvar o único que de verdade posuímos: un planeta onde vivir.
E ao final, información para facer personaxes e xogar… ou non tanto, senón que e sobre todo, poderemos saber que facer para salvar os océanos.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-11-02T23:24:00+00:00 02 / 11 / 2019|Trafegando ronseis|