Xabier López, Premio Torrente Ballester 2018 de Narrativa en Lingua Galega

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Xabier López, Premio Torrente Ballester 2018 de Narrativa en Lingua Galega

Xabier López, Premio Torrente Ballester 2018 de Narrativa en Lingua Galega

Reunión do xurado

Este mércores fallouse a que xa é a terceira edición doTorrente Ballester en Lingua Galega. O premio, dotado con 25 mil euros e a publicación do libro, foi para o escritor Xabier López (Bergondo, 1974). O xurado, composto por Marica Campo, Ana Luna, Carlos Negro, Suso de Toro, Antonio Piñeiro, Mercedes Fernández Albalt e Goretti Sanmartín, escolleu a novela “900”, entre todos os orixinais presentados.

Segundo unha nota que fixo pública a Deputación da Coruña, institución que convoca o galardón, a obra gañadora é “ unha novela que supera as 500 páxinas, o xurado destaca que se trata dunha novela río dunha saga familiar narrada con intelixencia, ironía e mesmo humor. Define tamén a través do fallo a obra presentada por Xabier López como unha “novela sagaz, cervantina que percorre a historia de Galiza e Europa desde o século XIX até mediados até a posguerra de mediados do pasado século”. Xabier López é un nome destacado da narrativa actual, con numerosos premios no seu currículo literario, entre eles o Xerais e o García Barros.

Source: Letra en Obras

2018-11-07T15:05:32+00:00 07 / 11 / 2018|Letra en Obras|