Vinte mil leguas baixo dos mares

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Vinte mil leguas baixo dos mares

Vinte mil leguas baixo dos mares

Necesaria lectura dun clásico na nosa lingua. Xerais publica Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne con ilustracións de Dani Padrón. Lembro con paixón e morriña as miñas lecturas deste monstro da Literatura cando era nena e me facía soñar con mundos imposibles e misións perigosas. Jules Verne adiouse ao seu tempo e os nenos e as nenas soñabamos canda el. Agora, o libro preséntanolo Ledicia Costas, quen nos recorda que imos ler unha epopea mariña onde se mesturan ciencia, fantasía e progreso. Porque o escritor era un visionario. E porque hai obras que non poden pasar xamais de moda. Verne está presente en todas as bibliotecas educativas, e debe estar máis ca nunca na nosa lingua.
Ao mesmo tempo, agradecemos á editorial que publique o libro íntegro cunhas salferidas ilustracións moi ben conseguidas.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-11-01T23:42:00+00:00 01 / 11 / 2019|Trafegando ronseis|