Vento, ventiño, venteiro

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Vento, ventiño, venteiro

Vento, ventiño, venteiro

Cantos versos pode escribir o vento? Que llo pregunten a Antonio García Teijeiro, quen neste libro publicado por Xerais con ilustracións de María Lires, Vento, ventiño, venteiro, consegue facer que fale de mil formas diferentes. E como é o vento quen fala, nós escoitámolo mentres lemos, e canda el percorreremos mundos. Segundo o noso estado de ánimo falaremos con ventos falangueiros, bailaremos con bailadores, deixaremos de traballar canda os ventos lacazáns e nunca deixaremos de soñar porque o vento dos soños vainos axudar a voar.
O vento pódenos bicar e arrolar. Que fermosos son os seus aloumiños!  Embaucános o vento que percorre tantos mundos e ese que é quen de se reconverter en moitos diferentes con múltiples personalidades. Ventos que como as persoas son capaces de convidarnos a seguir soñando…

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-10-02T23:54:00+00:00 02 / 10 / 2019|Trafegando ronseis|