Vémonos no Culturgal

Inicio/INFORMACIÓN/Lermos.gal/Vémonos no Culturgal

Vémonos no Culturgal

Pois si, un ano máis estaremos no Pazo da Cultura de Pontevedra na feira máis importante da cultura galega. Iremos con expositor propio, o número 17:

 

 

 

 

 

 

No noso espazo poderedes atopar toda a colección das Aventuras do Apalpador, a triloxía Os abismos da noite eterna, as Aventuras de Margaret White, Galiza Mutante, Poder Nuclear!, a triloxía As crónicas de Bran e, por suposto, todos os números da nosa revista. Levaremos tamén novidades na liña de narrativa e da revista e estaremos máis que encantados de que pasedes a visitarnos e falar con nós. Lembrade, a primeira fin de semana de decembro 😉

Aquí tedes o sitio oficial do Culturgal con toda a información sobre o evento:

Culturgal 2017

 

Source: lermos.gal

2017-11-14T16:30:58+00:00 14 / 11 / 2017|Lermos.gal|