Unha entrevista realizada por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández; alumnas da Facultade de Filoloxía da UDC

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/As Crebas/Unha entrevista realizada por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández; alumnas da Facultade de Filoloxía da UDC

Unha entrevista realizada por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández; alumnas da Facultade de Filoloxía da UDC

Hai pouco máis dun mes a miña ex-alumna no CPI Viaño Pequeno (Trazo) Noelia Casas García combinou comigo para me facer unha entrevista para un traballo de aula para a materia de Lingua que dispensa na USC a profesora e ensaísta Cilha Lourenço.

E pouco despois Noelia dispoñibilizou a entrevista de media hora de duración e con algúns problemas de son, xa que foi gravada na biblioteca do noso centro un día de forte temporal de inverno.

Agradézolle moito a Noelia e ás súas compañeiras Silvia e Nazaret o interese amosado para focalizar o seu obxectivo de traballo falando da miña obra literaria, que ía ser o contido previsto, aínda que logo a entrevista derivou moito máis arredor da cuestión da lingua.

O video, que se pode ollar na canle de youtube, foi publicado por Noelia Casas García o pasado día 7 de decembro de 2017, con esta entrada:

Entrevista realizada por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández; alumnas da Facultade de Filoloxía da Universidade d’A Coruña ao escritor e profesor de Lingua Galega e Literatura Miro Villar.

Este proxecto está focado a coñecer a situación presente, pasada e incluso futura da lingua galega desde o punto de vista de un profesor do Ensino Medio, que ademais conta cunha ampla traxectoria no panorama de escritores e escritoras da Galiza, como é neste caso Miro Villar (Pódese consultar o seu blogue en: crebas.blogaliza.org).

Agradecémoslle enormememente o seu tempo e as súas palabras.

Entrevistadora: Noelia Casas.

Edición: Silvia Criado.

Source: As crebas

2018-01-11T20:54:03+00:00 11 / 01 / 2018|As Crebas|