Un xardín de medio lado (antoloxía)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Un xardín de medio lado (antoloxía)

Un xardín de medio lado (antoloxía)

69588553_2415349085211687_8675781702527746048_n.jpgMarcus Daniel Cabada e Wladimir Vaz (org.)

Un xardín de medio lado. Antoloxía

Urutau, Pontevedra-Bragança Paulista (Brasil), 112 páxinas, 12 €, 2019

 

Recibe o Caderno da crítica algunhas das novidades do selo Urutau que resulta, hoxe por hoxe, unha das plataformas editoriais centradas na poesía que conta cunha maior proxección en canto á continuidade na edición  libros de poesía galega que van enriquecendo e ampliando aos poucos o seu xa denso catálogo.

Saliento aquí a chegada dunha orixinal antoloxía poética, en formato pequeno e moi coidado, que escolma algúns poemas das voces que publicaron en Urutau os seus libros en tempos recentes. Trátase, así pois, do volume Un xardín de medio lado que rescata e sitúa no seu frontispicio un verso dun poema da miña estimada Silvia Estévez Penas que comeza “A casa tiña un xardín de medio lado // e había flores, pero comíalas, // quedaban os talos, as espiñas”.

Velaquí como esta antoloxía é unha casa: un territorio de papel que se ocupa con palabras e que dá acubillo a parte da poesía contemporánea. Baixo a coordinación de Marcus Daniel Cabada e Wladimir Vaz, acolle coas súas particulares modulacións a un total dezasete voces, algunhas xa con apreciable obra publicada, outras comezando o seu camiño, a confluíren nunha palpable diversidade, xeracional e tamén estética, sen límites nin couto como testemuñan as composicións da  propia Silvia Estévez, a carón de Marcus Daniel Cabada, Rebeca Baiceredo, Carla Carbatti,  Alfonso Rodríguez Rodríguez, Arancha Nogueira, Clara Vidal, Cristina Corral Soilán, Fátima N. Delgado, Moncho Iglesias Míguez, Yolanda López, Patricia Meira, Eli Ríos, Noa Moreira, Gaspar Domínguez,  Manuel Miragaia e Ronsel Pan. Celebro a aparición deste volume ao que lle desexo moitas lecturas e moitos éxitos.

Source: Caderno da crítica

2019-10-01T20:05:13+00:00 01 / 10 / 2019|Caderno da crítica|