Un encontro aberto pon a andar o proxecto Concomitentes en Betanzos

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Un encontro aberto pon a andar o proxecto Concomitentes en Betanzos

Un encontro aberto pon a andar o proxecto Concomitentes en Betanzos

Ao longo dos vindeiros dous anos, a cidadanía de Betanzos desenvolverá un proceso de debate e de encontro con vistas a encargar unha obra de arte contemporánea arredor do Parque do Pasatempo. Un debate aberto este dez de outubro inicia o proxecto Legado Indiano cun encontro no que participarán Fran Quiroga, mediador deste proxecto, Pilar Cagiao, Doutora en historia e Profesora Titular de Historia de América o coordinador de exposicións do MUSAC Eneas Bernal e a presidenta a Asociación Galega de Antropoloxía Cristina Sánchez Carretero. <br>A xornada é a primeira das que se desenvolverán ata o mes de xaneiro. A seguinte actividade, prevista para o 16 de novembro será unha camiñada na que se dialogará mentres se percorren espazos patrimoniais da vila como o Lavadoiro ou o propio Parque do Pasatempo. A intención destes encontros é promover a reflexión sobre o patrimonio local, a pegada da emigración e da filantropía na configuración de Betanzos e a relación da sociedade con este legado.

O proxecto fai parte da iniciativa Concomitentes que se desenvolve en diferentes lugares do Estado. O caso betanceiro ten a colaboración das Asociación Amigas do Parque do Pasatiempo, a ACLP Roxin Roxal e a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos e conta coa colaboración do concello, ademais de sumar o apoio económico da Fundación Daniel y Nina Carasso.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|