Un dous tres, vampiro ti es

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Un dous tres, vampiro ti es

Un dous tres, vampiro ti es

Un dous tres, vampiro ti es é un libro divertido para o primeiro lectorado que conxuga palabra e imaxe a base dun esquema repetetitivo de xogo encadeado. Personaxes estraños e inquedantes como vampiros, monstros ou esqueletos proxectan en nós unha ollada tenra que nada ten que ver coa súa idea inicial medoñenta. En pastas grosas e manipulables, o libro rezuma humor e diversión. Ideal para esta época de Samaín… ou non, xa que sempre é agradable deixarse sorprender pola imaxinación de Nadia Budde. Publicado por Kalandraka.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-10-21T23:04:00+00:00 21 / 10 / 2018|Trafegando ronseis|