Tres días e unha vida

Tres días e unha vida

Pierre Lemaitre é un dos meus autores preferidos, así que velo na nosa lingua sempre é unha ledicia. Desta volta o libro que nos trae a editora Rinoceronte é Tres días e unha vida aínda que non é o meu libro preferido del. Estamos ante un libro intimista onde o autor nos proporciona un debate sobre a culpabilidade e todo o que conleva. O personaxe principal, ese que nos debe axudar a reflexionar, non acaba de empatizar connosco, e hai moitos momentos prescindibles onde semella que o nobelo enróllase máis e máis para non dar novas perspectivas. Porque á hora de desenmarañala non sentimos un particular interese por tentar que a culpa inerte ao longo dos anos no personaxe diminúa e desapareza, quizais porque non o sentimos cheo de vida nin achegado a nós, fáltalle alma, fáltalle mesmo corpo e presenza. E iso a pesar de que o argumento gusta, xa que o tema do rapaz irado e a convivencia nunha vila pequena dá de si; hai momentos bos, a presenza do mal que se estende no lugar, esa ollada incisiva ao veciño cando calquera pode ser culpable, ese destino que nos desalenta porque semella que non se pode loitar contra el… Por suposto, estamos ante un autor que domina a técnica e o libro é unha boa aposta para ocupar as nosas horas lectoras.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-04-07T21:23:00+00:00 07 / 04 / 2019|Trafegando ronseis|