Temos un problema: índices baixos de lectura en Galicia

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/A Canción do Náufrago/Temos un problema: índices baixos de lectura en Galicia

Temos un problema: índices baixos de lectura en Galicia

Os datos oficiais (“Barómetro de Hábitos de Lectura y de Compra de Libros en España 2017”) deixan en mal lugar a Galicia, porque indican que estamos por debaixo da media do Estado en lectura en tempo libre (lectura porque si, fóra da obriga escolar ou profesional; ou sexa, a lectura como hábito, a que realmente importa).

A media española sitúa en 59.7 % as lectoras e lectores que len no seu tempo de lecer, pero Galicia está no 58.6 %, só superando a Murcia, Castela e León, Castela-A Mancha, Andalucía, Canarias e Extremadura. Ou dito doutra forma, hai nove Comunidades Autónomas con mellores resuiltados ca nós. Como di o informe, o resultado para Galicia é “baixo”.

Gustaríame pensar que os que gobernan a política cultural deste país teñen algún plan previsto para solucionar este desastre. Porque, aínda que non o crean, que se lea tan pouco, é un desastre.

E que non se faga nada dende as institucións de goberno, é máis desastre aínda.

Source: A canción do náufrago

2018-03-06T13:48:42+00:00 06 / 03 / 2018|A Canción do Náufrago|