subliñados de TERRADENTRO (Xosé Benito Reza, Xerais)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de TERRADENTRO (Xosé Benito Reza, Xerais)

subliñados de TERRADENTRO (Xosé Benito Reza, Xerais)

 

Pero todo iso desenvolvérase no marco do conflito armado, ou como resultado da ira desenfreada dos vencedores, e non nestes tempos de paz franciscana, que son os anos nos que se desenvolve esta historia (13, salientados do autor).

…………………………………………..

O doutor Quiroga plantouse ante nós tan alto e forte como o recordaba dende que eu era rapaz: anchas ombreiras, tórax poderoso, cellas anchas e mestas, e un pelo liso e abondoso que comezaba a branquexar, cousa que aínda lle daba un aspecto máis interesante e fenomenal (18).

……………………………………………

-Vai de sabuxo ou que, Perry Mason?

-Máis ou menos, capitán (22).

…………………………………………….

A plataforma terreña estendíase deica  o bordo do terraplén uns trinta metros cara ao leste. A partir de alí o terreo esvaraba suavemente en dirección á vila, primeiro en socalcos espazosos e logo, superado o gran muro que coutaba a propiedade en rodopío, ondulaba entre agras, campos e labradas deica o fondal por onde corría invisible o regueiro da Serra. Máis lonxe esvaecíase na distancia a liña sinuosa do río Pequeno (25).

………………………………………………

-(…) Porque non o deixa para mañá? Xa ven a noitiña-observou acertadamente o capitán (29, así no orixinal).

………………………………………………

Nunha revolta, logo de deixar pola esquerda un senda que subía cara á parte alta da quinta, atopeime cun vello cargado cun gran feixe de leña (49, así no orixinal).

………………………………………………

-Non importa, señor Rial. De todos os xeitos quero que comprenda marchei fun coa firme decisión de non volver -continuou o mozo, cos ollos vidrados-, inda que sabía que algún día por forza tería que regresar; e ese día xa chegou. Pero non esperaba que fose desta maneira, xa me entende (63-64, así no orixinal).

………………………………………………

-Non, grazas. Nunca me puiden permitir ese luxo (65).

……………………………………………….

-A verdade é que me vai ben. Estou nun posto importante nun  hotel e gaño un bo soldo. Teño intención de casar cunha rapariga andaluza, unha sevillana que marchou coma min de emigrante a Cataluña (66).

………………………………………………..

-Que fai vostede eiquí!-exclamou sorprendida ao tempo que pechaba a casa batendo a porta (70).

………………………………………………………

-O fillo do señor ise que…- contestou con prevención (81).

………………………………………………………

-Si, señor. Il coidaba de nós e procurábanos medicinas gratis (101)

……………………………………………………….

-Dende logo -asentiu o capitán pechando os ollos, e logo dunha breve pausa engadiu-:Pero cando  menos conseguimos salvarlle a vida á rapaza.

-Por sorte, capitán. Porque o erro de Ignacio foi mudar de plan. Se non chega a apresurarse en poñer o certificado nas nosas mans outro galo cantaría, non lle parece? (105)

……………………………………………………….

……………………………………………………….

Un par de anos antes do arrepiante e cacarexado caso da familia Arias e da pobre Sabela, estando eu aínda solteiro, tivo lugar na miña bisbarra outro acontecemento que, se non tan cru e desapiadado, si foi polo menos tan sorprendente por estraño e inesperado como o que chegaría despois (113).

……………………………………………………….

Eu, a estas alturas da conversa, perdida a partida de dominó, escoitaba con ollos somnolentos e a barbicha pousada no colo da man esquerda, farto de tanta parodia e fabulación. Así que decidín cortar polo san (129).

……………………………………………………..

-(…) O Lino vivía recluído. Só recibía os criados, algúns xornaleiros de temporada e os arrendatarios das terras (142).

…………………………………………………….

Canto máis naqueles tempos grises, nos días longos e  piollosos duns invernos nos que viviamos abafados polo monótono repenicar da chuvia e o oulear tolo do vento varrendo as rúas dende o trinta e seis (155).

……………………………………………………

As miñas palabras semellaron surtir efecto, porque o caseiro deixou caer os brazos e retirouse un par de pasos (180).

…………………………………………………….

Tan parco, cauteloso e sosegado podía ser na barra do Bodegón como tan inquedo, embalado e frenético no intre máis delicado e comprometedor ( 207).

…………………………………………………….

-Vaia…- dixen-. E por que o cortou?

-Pra facer o seu cadaleito. Meu tío era unha persoa rara, pero tamén ocorrente e espelido (221).

…………………………………………………….

Había gargantillas, colares, pulseiras, pendentes, cadeas, tiaras, aneis….,pero ás máis das pezas de exquisita filigrana extraéranlles unha boa parte da pedrería, resplandecendo a pouca que aínda permanecía en toda a gama de tonalidades do espectro cromático (229):

…………………………………………………….

……………………………………………………..

Como pode que o título que leva esta historia, tan curiosa como real, puidese interpretarse dun xeito pexorativo, é preciso aclarar que vou falar en efecto dun can, ou para maior exactitude dunha cadela que tiña un alcalde nos tempos duros, escuros e primitivos da España en branco e negro, nas portas da década dos cincuenta (235):

…………………………………………………….

Contábanse casos arrepiantes dos camisas azuis, de fuxidos e logo cazados e máis tarde fusilados polos falanxistas con absoluta impunidade (237-238).

…………………………………………………….

Ata alí viñeran falar, cheos de esperanza e co corazón aceso, xente nova e intelectos privilexiados como Castelao, Otero Pedrayo, Pepe Velo, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro  de las Casas, Luís Soto e Paco del Riego (247).

………………………………………………………

-Durmiu á intemperie?

-Eu non teño intemperie ( 261)

………………………………………………………

O mozo parecía bastante máis novo do que era en realidade, e iso debíase ao seu aspecto físico: baixo, esmirrado, áxil de mans e pernas, rubio e de pel moi branca con abondosas pencas. Un peliño fino rareaba sobre unha testa en forma de pera da que saía un nariz longo e afiado, e sobre o labio superior brillábanlle un pelos sandeus (281)

………………………………………………………

Cheguei quince minutos antes das dez á fonda da señora Flora para evitar que os convocados topasen co capitán sen estar eu presente (317).

………………………………………………………

……………………………………………………….

A miña tía G. dicíalle á miña nai, con aquela voz tan doce a agarimosa que tiña, que eu, en vez de falar, parecía que cantaba, e que eu era un neno feliz (337).

……………………………………………………….

Vemos xente falando e barullando contente, tirando dos burriños cangados de cousas que van vender á vila ou de regreso  logo de comer nas fondas e comprar nas tendas, porque a nosa vila é o centro comercial dunha infinidade de terras  e aldeas de arredor (346).

………………………………………………………..

A casa da vila do meu avó ten hortas e adega que recende a viño novo (360).

…………………………………………………………

Era un mundo pacífico, harmonioso, mesurado, dinámico, onde se escoitaba o cantar dos carros cangados de toxos subindo a pina costa que levaba aos lugares elevados, as campás das igrexas tocando o angelus, o bradar das vacas camiño da corte, o ouveo dos cans proclamando o seu dominio, as risas dos nenos brincando polas canellas, ou o berro metálico dunha vella estralando alí próximo, pola banda baixa dos camiño das Traseiras, nas hortas milimetricamente deseñadas, que é onde comezaba o meu mundo, ese mundo pequerrecho que a min, agora, dende alá arriba, xa non me parecía tan extenso, pero si seguía a me parecer extraordinario (366-367)

Source: ferradura en tránsito

2017-09-28T16:24:35+00:00 28 / 09 / 2017|Ferradura en tránsito|