subliñados de OS FILLOS DO LUME ( Pedro Feijoo, Xerais)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de OS FILLOS DO LUME ( Pedro Feijoo, Xerais)

subliñados de OS FILLOS DO LUME ( Pedro Feijoo, Xerais)

Tampouco se vía unha fiestra á que non houbese alguén asomado, desde o edificio Simeón ata o Moderno, desde a casa da Cultura á de Pedro Labarta (24).

……………………………………

-De que se trata, Bruno?

Aínda tardou en falar.

-De algo moi raro, Simón –respondeu á fin, cravándome a ollada-. Trátase de algo moi raro (59).

……………………………………

-(…) Estás a dicir que realmente existe unha relación entre a morte do alcalde, onte pola tarde, e algo que aconteceu hai máis de douscentos anos?-Mariña volveu negar coa cabeza, contrariada-. Como pode ser? (70)

……………………………………….

-Así é –respondeu-. O problema esta en que nese documento que agora tedes nas vosas mans se insinúa algo acerca dun engano, dunha traizón, e incluso dun roubo. Pero non só ao exército de Napoleón, senón tamén aos vigueses. Ou iso parece deducirse (83).

………………………………………..

Definitivamente, non; esta vez Mariña tampouco estaba de bo humor. E quizais non fose para menos, á fin e ao cabo lavabamos xa máis de dúas horas alí metidos (121).

……………………………………..

Ao final, esta é a única verdade : para escribir a Historia non hai mellor tinta que a pólvora, nin papel máis axeitado que unha boa vitoria (142).

…………………………………….

Aqueles carros traían no seu interior o maior tesouro que xamais gardaran os muros desta vila (159).

……………………………………

-Tes razón –admitín-, o asunto da igrexa…Madía leva, Mariña, que demos está a pasar aquí? Que clase de historia se oculta baixo a Colexiata? Quen é toa esa xente? (218).

…………………………………..

Simón  está namorado da cidade, e nela busca acubillo e consello cando ninguén máis llos pode dar (230).

…………………………………….

Ao parecer, as orixes da irmandade do Cristo do Sal non estaban en absoluto claras, mais polo pouco que se sabía era máis que probable que estivesen relacionadas coa concesión de patentes de corso no Vigo de mediados do XVIII (274).

………………………………

-Por suposto –confírmalle o cronista-. Se a túa muller ten problemas agora é porque con todaa seguridade antes tivo beneficios. E, se ela os tivo….Cales foron os teus? Dime, fillo, que sacaches ti con todo isto? (332)

…………………………………

O serán dese mesmo día produciuse outra escaramuza, outra volta no barrio do Areal (369)

……………………………………

Tal como descubriría despois, disque viñamos de converternos na primeira vila do mundo que lle reconquistaba unha praza ao todopoderoso Napoleón (385).

……………………………………

Máis aló do que cada ano se empeñasen en contarnos, a da Reconquista era unha historia ben diferente. Unha máis apaixonante, máis viva, máis real. E, sobre todo, máis nosa. Pero… (404)

………………………………….

-Asfixia –explica o doutor-. O vello morreu asfixiado polo tapón que se lle formou na traquea a medida que a cera derramada ía secando. Un tapón perfecto, feito á medida exacta, iso foi o que terminou de obstruírlle a gorxa (437).

 

Source: ferradura en tránsito

2017-08-24T12:10:09+00:00 24 / 08 / 2017|Ferradura en tránsito|