subliñados de O SONO DAS SEREAS (Xosé A. Neira Cruz, Galaxia)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de O SONO DAS SEREAS (Xosé A. Neira Cruz, Galaxia)

subliñados de O SONO DAS SEREAS (Xosé A. Neira Cruz, Galaxia)

 

Pero non, na túa equipaxe nunca figurou o manual  da perfecta replicante (21).

……………………………………

A temperatura adecuada para elixir un conxunto que che sentase ben e che dese un aire xuvenil sen parecer unha señora prematura (21).

………………………………….

(…)- que é unha forma de cancelar pasados-(…) (22)

………………………………….

(…) e foi o primeiro que me fixo entender que a emoción ten  a pel máis mutante e traizoeira de todo canto podemos ofrecer (31).

…………………………………..

Un crego novo e ben parecido condenado a vivir nun xeriátrico semella, cando menos, unha peza inusual de interesante encadramento no quebracabezas daquela sociedade paralizada no tempo (40-41).

……………………………………

Ninguén apuntou a posibilidade de que a fraude chegase enmascarada de romanticismo trasnoitado (43).

…………………………………….

(…) da Casa do Sono poderíase escribir unha boa historia, se alguén fose quen de se parar a xuntar fíos e tecer toda a trama (49).

………………………………………

Coma se o perigo non estivese ás veces en quedar quietos (70).

………………………………………

Advertiras que algo ía mal dentro dela nada máis reparar nas covas en que se lle estaban a sepultar os ollos (79).

……………………………………….

Dominga, Xoana, Catarina, Inés, Agustina, Manuela, María, Esperanza…, que fixeron para merecer caer na arañeira de inmobilismo que as atrapou a todas ata este comezo do século XXI? (98).

……………………………………….

Diante de todos gardabades as distancias. Clandestinamente, a roca do destino seguía a se desbandar (112).

…………………………………………

Ao que nace para a negrura non lle convén aspirar á claridade, non lle corresponde (118).

…………………………………………

Un corpo semellante ao teu en todo, agás nunha terrible mutación: aquel rabo de peixe que suplantara o lugar das túas pernas (124).

……………………………………………

(…) entrarei na parte da reitoral na que vive Luz e tentarei entender quen é de certo esa muller túzara e ofuscada (129).

……………………………………………..

Os espellos foron sempre portadores de segredos, símbolos da iluminación, da revelación, da sabedoría, e portas abertas cara o alén (137).

 

 

 

Source: ferradura en tránsito

2018-02-08T17:05:43+00:00 08 / 02 / 2018|Ferradura en tránsito|