subliñados de O GRAN REXEITAMENTO/FLORES PARA ALBERT AYLER (Daniel Salgado, Apiario Editora)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de O GRAN REXEITAMENTO/FLORES PARA ALBERT AYLER (Daniel Salgado, Apiario Editora)

subliñados de O GRAN REXEITAMENTO/FLORES PARA ALBERT AYLER (Daniel Salgado, Apiario Editora)

 

sopra o aire do lobo

(…)

é a verdade en marcha

(…)

a inequívoca vontade dos condenados

(…)

a beleza insite / transita

entre estruturas que colapsan (1)

………………………………………………………

como restos de liberación / como cinza

sobre as rosas

(…)

pelexan o mundo

ordenado segundo a academia (2)

………………………………………………………..

a nova desorde chama / por un sol negro

(…)

os espíritos feroces camiñan a modo / sobre cinza revoltada (3)

…………………………………………………………

a pureza non serve / apenas a verdade rítmica

(…)

contra o vento / cómpre a insistencia (4)

…………………………………………………………..

grandes masas de ruído histórico

(…)

é a acción dos condenados / insiste (5)

…………………………………………………………….

a detonación que esfarela

esta organización das cousas (6)

……………………………………………………………

o pasado insubordínase

contribúe á liberación dos mortos

(…)

arte negra / afirma o poeta / arte negra

(…)

coma quen asalta un palacio (7)

……………………………………………………………….

o vendaval desatado

(…)

e porén emerxe a  dúbida / a memoria dos escravos (8)

………………………………………………………………..

ningún crime sen resposta

o mundo non está en calma (9)

………………………………………………………………..

o sentido último do asalto (10)

…………………………………………………………………

a profecía bate contra o futuro (11)

………………………………………………………………….

os impecábeis desvíos

da morte (12)

………………………………………………………………….

extrae da ruína

materiais para refundar os seus poderes

(…)

interrompe a circulación de mercadorías (13)

…………………………………………………………………….

o mandato di

non respectar ninguna lei

(…)

ese zuñido informe

pero que derrota as hostes occidentais

(…)

a revolta dos escravos

o final da dinastía / o inicio da liberdade (14)

Source: ferradura en tránsito

2018-01-04T16:30:33+00:00 04 / 01 / 2018|Ferradura en tránsito|