subliñados de GALEGOS UNIVERSAIS: PRISCILIANO (Victorino Pérez Prieto)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de GALEGOS UNIVERSAIS: PRISCILIANO (Victorino Pérez Prieto)

subliñados de GALEGOS UNIVERSAIS: PRISCILIANO (Victorino Pérez Prieto)

Velaquí os subliñados que fun facendo mentres lía o que de Prisciliano escrib¡u Victorino Pérez Prieto para os GALEGOS UNIVERSAIS QUE PUBLICA Hércules Ediciones.

 A verdadeira historia e significación de Prisciliano Foi deturpada pola Igrexa católica durante máis dun milenio e medio, e ocultada ou lida polos historiadores repetindo tópicos falsos. (7)

………………………………………………..

É importanter coñecer a realidade histórica do noso pasado para comprender o noso presente. (7)

………………………………………………..

(…)os pobos necesitan dos mitos tanto como das realidades históricas. E en Prisciliano xúntanse lexitimamente a verdade histórica e a verdade mítica. (7)

……………………………………………….

(…) un home austero, asceta e nada preguiceiro (11)

………………………………………………

Poderiamos caracterizar as comunidades priscilianistas con estes trazos:

a)Participación das mulleres na comunidade con plenos dereitos.

b)Ascetismo

c)Uso amplo dos Apócrifos

d) (…)unha vida ascética (…) mais sen afastarse da vida normal dentro da Igrexa, nin dos sacramentos. (13)

……………………………………………..

(…) o celta era un dos pobos antigos que máis enaltecía ás mulleres (13)

…………………………………………….

(…) o priscilianismo irrrompe na Gallaecia precisamente cando a Igrexa se vai establecendo nesta terra

…………………………………………..

É, sobre todo, o bispo Itacio de Ossonoba ( actual Faro, Portugal) quen perseguiu máis ferozmente a Prsiciliano até acabar con el. (149

…………………………………………

(…) as razón da xenreira contra Prisciliano:

a)declararse doutor en teoloxía sendo laico.

b)darles atribucións ás mulleres

c)ser un asceta rigoroso (14)

…………………………………………

Prisciliano quere reconstruír desde abaixo unha Igrexa máis fiel a Xesús de Nazaret, a partir das comunidades de base; quere volver ás igrexas da idade apostólica. Isto fai do priscilianismo un movemento espiritual renovador (14)

…………………………………………

(…) o lugar onde apareceu o presunto sepulcro de Santiago puido ser un punto de peregrinación popular desde tempos inmemoriais (20)

………………………………………..

(…) Prisciliano foi perseguido polo seu ascetismo rebelde. (24)

……………………………………….

(…) esquecer os persoeiros representativos dun pobo é “signo de decadencia colectiva” (24)

………………………………………

(…) Prisciliano e o priscilianismo volverán rexurdir (…) coa ilustración galega, co romanticismo e, sobre todo, coa xeración Nós (29)

……………………………………..

Prisciliano puxo en marcha o primeiro espertar cultural de Galiza (30)

…………………………………….

Pero, entre os escritores influenciados por Prisciliano salientan, sobre todo, tres: Exeria, Baquiario e Paulo Orosio

……………………………………..

Otero escribe no Ensaio que Prisciliano “ quixo adaptar a Galiza e Occidente a  unha forma de cristianismo mais próximo do vello sentimento celta do mundo e o ultramundo “(37)

………………………………………..

(…)perseguido por buscar un cristianismo galego fiel ás raíces desta terra (42)

 

Source: ferradura en tránsito

2017-05-19T09:25:13+00:00 28 / 02 / 2017|Ferradura en tránsito|