subliñados de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

subliñados de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

 

Eu era pequena, e a túa maleta enorme. Nela cabían todas as túas cousas. Roupa. Libros. Cedés. Sete anos de vida metidos nunha maleta gris xigante (11).

………………………………………………

Mentir é doado. O complicado é facelo  ben. E a min sempre se me deu mal (17).

……………………………………………….

O que non sabe é que as portas do Xanadú son coma esas portas xiratorias dos aeroportos. Xira e xiras, dentro delas, sen atopar a saída (27).

………………………………………………

Hoxe baixei á rúa. Canseime de mercar por Internet. Canseime de comida fría e lasaña requecida no microondas (37).

……………………………………………….

Sabes unha cousa, papá? Ás veces dáme por pensar en que punto da miña vida cambiou todo (45).

………………………………………………..

Hoxe unha das Irinas romanesas pediume que lle aprendese a facer uns ovos fritos. Coma se fose necesaria unha receita ou algo así para fritir uns simples ovos (63).

………………………………………………..

A miña Irina favorita chámase Nicoleta. Leva aquí uns tres meses e xa é tamén a favorita de moitos (77).

………………………………………………….

Que é a felicidade? Dígocho. Unha filla de puta. Pasa por diante de ti e diche: isto é o que tes. Gózao. Aprehende este instante. Consérvao na túa mente. E despois volve. Volve cando xa esqueceras ese momento (84).

……………………………………………………

Se estás escoitando isto é que estou morta ( 97).

……………………………………………………

Non me odies, Manuel. Quéreme. Aínda que non sexa infinito.

Todo isto matino.

Non é estraño que non consiga durmir ( 108).

…………………………………………………….

Por que casas?, pregúntasme en cada correo.

Por que non? (127).

……………………………………………………..

Pois non o quixen. Non. Casei con el. Como el quería. Pero iso foi todo o que conseguiu. Iso. E que aborrecese o coello ( 136).

……………………………………………………..

Seica a vida é cuestión diso. De cumprir as expectativas (152).

……………………………………………………..

Cambiei a cerradura da porta. Espero que escoites esta mensaxe, Jorge. E tamén agardo que non intentes volver pola noite. Coma un ladrón (163)

………………………………………………………

Nunca me contaches como coñeciches a Alicia. Pero ela si que mo contou (175).

……………………………………………………….

E todas as respostas nun caixón da cómoda. Baixo duns calcetíns (188).

………………………………………………………..

Hoxe déronlle a alta a Rubén no hospital.

Case morre, sabes? (201).

………………………………………………………….

Ao final, tiñas razón, estar ocupada foi a miña mellor medicina (215).

…………………………………………………………..

Ola, fillo. Estou na casa de Marina. Hoxe levou un desgusto grande. E eu unha alegría (231).

…………………………………………………………….

En canto chamaches ao interfono souben que viñas contarmo. Souben que me darías explicacións.E que esas explicacións ían doer (241).

………………………………………………………………

Xa ves que pasaron moitas cousas neste medio ano. Moitas.

Meditei moito en Sober. En fin, déixote, Bruno (256).

………………………………………………………………..

Acabouse, Jorge.

Certamente non gaño nada dándolle voltas ao que puido ser e non foi (271).

………………………………………………………………..

E o realizada que me sinto ao levar a cabo este encomiable labor humanitaria (277).

…………………………………………………………………

Ola sobriño. Son a tía Dorinda. Dende que falamos onte á tarde, non paro de darlle voltas ao lista que era a túa nai (287).

Source: ferradura en tránsito

2017-12-14T16:51:58+00:00 14 / 12 / 2017|Ferradura en tránsito|