subliñados de CHARAMUSCAS (Suso Lista, Embora)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de CHARAMUSCAS (Suso Lista, Embora)

subliñados de CHARAMUSCAS (Suso Lista, Embora)

E mañá, outras cadeiras, outros colchóns e outras vidas empezrán a encherse de presente que será queimado no futuro (11).

…………………………………………………

Nesta vida todo suma (17)

………………………………………………..

Fame, frío e necesidades son as únicas posesións que teñen os pobres (30)

………………………………………………..

Con iso e todo,  nacer porco non é riqueza ningunha (33).

……………………………………………….

Dúas cousas son as que axudan moito cando empeza a chover: estar na casa ou ter un paraugas.

Eu tamén estaba sen paraugas(40 ).

……………………………………………….

A verdade non as fan as xentes que cren ou deixan de crer. Por moito que se crea en algo, esa crena non fai ese algo certo (41)

………………………………………………..

El era máis concreto, máis normal. El nunca dicía non. Se non quería dicir si, desaparecía. Pero non nunca o dicía  (61).

………………………………………………….

Foi o único momento que sentiu algo de alivio sen estar soñando. Pouco lle durou (73).

………………………………………………..

A noticia do velorio tardou en espallarse o que tardan os percebes en cocerse: un minuto (77).

………………………………………………..

Os humanos, mentres non vaia con nós, permitimos os maiores abusos e inxustizas no resto das persoas (84).

………………………………………………..

Aquí estou, cuberto de escuma e mar, na furna da Grilanda. Unha furna da que, como na da vida, só se sae morto (108).

………………………………………………….

Pediron unha man inocente para sacar o número do saco. O único que se presentou foi o director do banco (115)

………………………………………………..

No mar seguirá. Ninguén pensaba que puidese pasar tal cousa. Por iso a santa ía sen raiobaliza (120).

………………………………………………..

Deixeino. É fácil deixar algo co que non estás a gusto. Pero é difícil vivir sen comer (128).

………………………………………………

Fuco di e pensa que o seu burro morreu rindo (137).

…………………………………………….

A vida é unha disputa (139).

………………………………………………

Todos pensamos que non se perde nada porque Fin pense que nós pensamos o que el quere que nós pensemos del (148).

Source: ferradura en tránsito

2017-08-31T19:09:15+00:00 31 / 08 / 2017|Ferradura en tránsito|