subliñados de ANÍBAL E A PINTORA (Xabier Paz, Xerais)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de ANÍBAL E A PINTORA (Xabier Paz, Xerais)

subliñados de ANÍBAL E A PINTORA (Xabier Paz, Xerais)

A presenza e Aníbal tiña nome  e apelidos de seu e, cando arribou a desgraza final, quixen vela como metáfora dos perigos da entrega total a calquera disciplina, do poder absorbente e destrutor do culto á Beleza e memso da potestade absorbente e dos efectos narcóticos do Amor sen carne ( 9).

………………………………………..

A luz a envolvelo todo, sempre portadora de verdade e de vaidade en difícil equilibrio, a desvendar o agachado e envolver de frescor canto toca (21).

…………………………………………

Desaparecido Aníbal, podo recompoñer, de xeito desordenado e fragmentario, o seu gozoso viacrucis mentres repaso a herdanza recibida (32).

………………………………………..

Aparecía Aníbal ante min como un seu Amadís, cabaleiro un chisco ridículo co seu aburrido retrouso defensor e reivindicativo da Pintora, pero as amizades están para aturalas e, ademais, con el sempre deprendía algo (45).

…………………………………………..

Hai no ambiente romano un exceso, un frenesí que, nos corazóns máis piadosos e ardidos, quere alcanzar a extase (84).

…………………………………………..

Cadros e esculturas son os argumentos católicos contra a Reforma e, ao tempo, estímulos para a piedade popular (86).

…………………………………………….

O tamaño do mundo é o da nosa  ignorante soberbia (97).

……………………………………………..

En realidade, as mulleres en relación cos deuses ou cos homes, non tiñan vontade (129).

………………………………………………

O peor fora a tortura da sibilla. A sibilla era consultada polo antigos por decir a verdade, e a sibilla tamén lle permitiu a Ela proclamar a verdade no proceso (151, salientado orixinal).

……………………………………………….

Calquera retractación, calquera diferenza nos meus sucesivos e reiterados testemuños sería a miña perdición ( 161).

……………………………………………….

Dous días logo da sentenza de Agostino casaches, na intimidade, na igrexa de SanctoSpirito in Sassia (172, salientado orixinal).

………………………………………………

El fora ben atrevido, pensa agora, e eu ben parva, ben inxenua. Casado, incestuoso, adúltero, asasino…, e eu nas súas mans, como dicía el, barro nas mans do escultor. El ben escultor e eu ben barro ( 184).

…………………………………………..

Ser nai faille sentir cousas novas. Ponlle dentro unha tenrura e unha paz que agradece, como bálsamo contra a rabia que lle aniña dentro ( 205).

…………………………………………….

Desde que chegara a Florencia a súa vida cambiara abondo. Sendo a mesma Artemisia, era outra persoa ben diferente ( 221).

…………………………………………….

Ía xa comesto da barbantesa. A barbantesa non era Ela, era a paixón por Ela ( 233).

……………………………………………..

Debería decidir se vou escribir como ensaísta, biógrafo de Artemisia ou escritor de ficción (247).

………………………………………………

 O marido era un adicto á exhibición pública e un xogador empedernido ( 252).

……………………………………………….

Mentres, Pierantonio, no seu papel de fiel secretario, confórmase con gozar da vida regalada sufragada polo amante (286).

…………………………………………………

As súas mulleres aleitan, matan, morren ou representan inefábeis virtudes, pero sempre son mulleres de corpo explícito e farto (309).

…………………………………………………..              

As mulleres dos seus cadros son conscientes do deu destino, non vítimas pasivas (341).

……………………………………………………

Canto máis escribo, máis insatisfeito quedo co feito e máis traballo vexo pendente (345).

 

Source: ferradura en tránsito

2017-11-09T17:26:04+00:00 09 / 11 / 2017|Ferradura en tránsito|