subliñados de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

subliñados de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

 

-Non cabía un alma -dixo a de Teimoi con cara adusta-.Fixácheste na xente que tivo que ficar fóra? (9).

……………………………………………………

-Ninguén sabe o que aconteceu. Está consciente, mais coma se non estivese. Nin fala nin ouve… Nin sequera sei se ve! Semella unha morta en vida. Vana trasladar a Santiago. Xa sabe,  a un… sanatorio (19).

……………………………………………………

Cando colgou o teléfono, Paco sentiu un baleiro no ventre tan forte que non soubo se atribuílo aos nervios ou á fame. Deambulou `pola casa igual que un paxaro fechado na súa gaiola, até que os pés acabaron por o conducir á cociña (29).

……………………………………………………..

Paco deulle as grazas e ergueuse do banco, disposto a seguir as indicacións do vello. Entón o portal que acollía a pensión abriuse de repente (43).

…………………………………………………….

Cando Paco Louro saíu da casa e Óscar un infinito pano escuro tapaba xa a vila. Era noite fecha (51).

………………………………………………………

-Se viñeras máis á misa tal vez comprenderías o significado da frase da medalliña -bisbou don Álvaro-. “Caro de carne mea”: Carne da miña carne. Norma é a miña filla (63).

……………………………………………………….

Desde a porta do bar, Paco albiscou como Servando entraba na rúa Xallas, polo que cruzou a praza do Campo en dirección a esa calella longa e sombriza que transcorría, paralela ao peirao, por detrás do xardín e dos rochos mariñeiros (77).

………………………………………………………

-Claro… Fusiña vén de fouciña!-cavilou para si; mentres, a atención de Esperanza volveuse de novo centrar na pota (87).

………………………………………………………..

-Fusiña, Maconina. Fusiña, Maconina…-repetía unha e outra vez o mangallón, nunha ladaíña amarga (94).

………………………………………………………..

Entre a ciobra de po que os ollos das persianas revelaban na estancia, callou unha densa atmosfera de silencio que subsistiu case dous eternos minutos (109)

Source: ferradura en tránsito

2017-10-05T19:07:53+00:00 05 / 10 / 2017|Ferradura en tránsito|