subliñados de A SENDA DE SAL (Fran Fernández Davila, Galaxia)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de A SENDA DE SAL (Fran Fernández Davila, Galaxia)

subliñados de A SENDA DE SAL (Fran Fernández Davila, Galaxia)

 

Foi así como chegou a min esta historia, escorrida, fugada, goteada por entre as fendas do tempo; coma se ese inmenso barril relativo estivese atacado pola irremediable couza dos remorsos (9).

…………………………………………

Sentíame confusa, perdida, consumida nesa distancia inerme e narcotizante que,  de tanto constituír o meu estado natural, acabou por ser eu mesma ( salientado orixinal,13).

………………………………………….

O Formiguillo era un barco escaso, resumido, co nariz afiado e as costelas duras feitas de carballo (17, salientado orixinal).

……………………………………………….

Pouco o a pouco antes de divisar a Tegra, un peixe esférico de metal deunos o alto pola amura de estribor (26).

…………………………………………..

Cheiraba o peixe coma se tivese ollos no casco, e evitaba as pedras con natural elegancia (35).

…………………………………………..

Eles estaban mudos, todos, soma un espía sen beizos, coma un morto sen pasado (47).

…………………………………………..

Mirei con profundidade o seu sorriso amable e pensei por un tempo sen medida, que foron só segundos na terra (50).

…………………………………………..

Que monstro terrible as obriga a fuxir das súas casas e aventurarse a morrer sobre unha senda de sal? (59).

…………………………………………….

No seu carácter non existía a timidez nin as malas formas, e debo pensar que tiña atracción polas almas dunha dificultade especial coma a miña (67).

…………………………………………….

Fillo de pescador, sentíame unha persoa inversa (81).

……………………………………………..

Sabía orientarme pola forma de renxer e retorcerse que tiña o barco cando e enfrontaba a unha nova corrente, a un novo río de sal que o abrazaba de forma diferente (89).

……………………………………………..

Desembarcamos a modo, en silencio e, coma formigas nebulosas, invadimos o corazón da casa da miña nai (97).

………………………………………………

“Nada na terra xustifica perder un fillo, nin un bo esposo”. Iso dixo Sixtina mentres metía no coche unha familia xudía de París (99, salientado orixinal).

……………………………………………..

Despois dos meses pasaron os anos, e o neno que fun nalgún tempo esvaeuse entre viaxes e tormentas (113).

………………………………………………

O día foi breve coma un suspiro de fada e rematou sen sorpresa para ninguén (119).

 

 

 

 

Source: ferradura en tránsito

2018-03-15T16:55:34+00:00 15 / 03 / 2018|Ferradura en tránsito|