subliñados de A RAÍÑA DAS VELUTINAS (Lionel Rexes, Xerais)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Ferradura en tránsito/subliñados de A RAÍÑA DAS VELUTINAS (Lionel Rexes, Xerais)

subliñados de A RAÍÑA DAS VELUTINAS (Lionel Rexes, Xerais)

 

As dúas hóspedes, vestidas de xeito corporativo coas cazadoras amarradas ao van, detéñense diante o recinto dos parrulos ( 15).

………………………………………………..

Encontrar o espazo para a renque de coches que chegou a Valigato non é doado naquel labirinto en desequilibrio (21).

…………………………………………………

Un patio con tarros de plantas secas e algúns ferranchos preceden unhas escaleiras pinas e laionas (26).

………………………………………………….

>> Non vin aquí para demandar, exactamente, reparación, senón verdade (31).

………………………………………………….

E sempre a mesma mensaxe pacificadora: nada de xenreira <<só reivindicamos a memoria da democracia fundadora>> (43, salientado orixinal).

………………………………………………….

-É célebre o caso dun ex-ministro, agora a piques de entrar na cadea por corrupción, descendente dunha familia enriquecida coa minaría. Nas súas explotacións, quen  extraían o  mineral eran os escravos do fascismo (46-47).

…………………………………………………..

A noite achega unha quietude somnolenta a aquela sorte de mansión custodiada por un ganso xoto (65).

……………………………………………………

-E sempre o dicían os vellos: o día que morra a derradeira abella, acabouse todo; o mundo non bota un ano (75).

……………………………………………………

É, seguramente, a síndrome do desprazado, do exiliado, do emigrante e, ao cabo, do hóspede (84).

……………………………………………………

<<Tortura e violencia sexual como instrumento de represión na década dos 40>> (89, salientado orixinal).

……………………………………………………..

Atraído pola presenza de xente diante a casa do Mestre do Condado, un  home que camiña cun cadeliño pola correa achégase con trazas de saudar a alguén (104).

……………………………………………………..

De pé, en absoluto silencio, Marta fica petrificada observando os seus ollos, dunha cor escura que non sería negra nin castaña: poderíase chamar cor escuridade (129).

…………………………………………………….

Coma na ocasión anterior, acceder ao restaurante supón mergullarse nunha caverna deshabitada (140).

 

Source: ferradura en tránsito

2018-01-11T19:13:06+00:00 11 / 01 / 2018|Ferradura en tránsito|