Sesenta anos da publicación d’A Esmorga en Bos Aires. Queres unha primeira edición? Prepara 1500 euros

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Sesenta anos da publicación d’A Esmorga en Bos Aires. Queres unha primeira edición? Prepara 1500 euros

Sesenta anos da publicación d’A Esmorga en Bos Aires. Queres unha primeira edición? Prepara 1500 euros

Diego Díaz, Luís Seoane, Antonio Baltar, Manuel María Varela e Perfecto López fixeron posible no exilio arxentino a editorial Citania. O proxecto, que apenas durou dous anos, tivo entre outros moitos méritos o de publicar a que para moitos é a gran novela galega do século XX: A Esmorga. Aquela primeira edición é hoxe un tesouro para calquera bibliófilo. Unha boa proba é un exemplar que ten á venda na rede unha tenda de antigüidades da comarca de Vigo por 1500 euros.

Source: Letra en Obras

2019-05-21T15:23:17+00:00 21 / 05 / 2019|Letra en Obras|