Seis poemas galegos, de Federico García Lorca

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Seis poemas galegos, de Federico García Lorca

Seis poemas galegos, de Federico García Lorca

Federico García Lorca

Seis poemas galegos (edición facsimilar)

Alvarellos, Compostela, x páxinas, x €, 2018.

 

O día da celebración da Gala do Libro Galego comenteille ao meu prezado Quique Alvarellos que acabara de ler a edición facsimilar de Seis poemas galegos de Lorca pero que non atopara un momento para poder escribir sobre esta iniciativa. Esa mesma noite o volume resultou galardoado na sección de “Libro mellor editado” e non quero deixar pasar máis tempo sen saudar, e gabar, esta proposta que reproduce con tanto mimo e respecto a edición orixinal que saíu do prelo de Ánxel Casal no ano 1935 e que, ademais, incorpora un apéndice gráfico baixo a responsabilidade de Henrique Alvarellos que inclúe dez imaxes que van desde o ano 1916 ata 1932, tiradas en Galicia e outras catro que se relacionan co proceso de xestación deste libro que é, sen dúbida, un dos nosos máximos tesouros do patrimonio literario galego e universal.

Unha vez máis parabéns por facilitar esta nova ollada á produción galega de Federico García Lorca.

Source: Caderno da crítica

2019-06-02T20:56:11+00:00 02 / 06 / 2019|Caderno da crítica|