Se quixesen solucionar o de Cataluña…

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/A Canción do Náufrago/Se quixesen solucionar o de Cataluña…

Se quixesen solucionar o de Cataluña…

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían actuado antes, terían sido máis nobles, menos falsos, terían actuado con máis alturas de miras e non con criterios electoralistas pois a ninguén se lle escapa que ao PP sempre lle deu votos repetir iso da sacrosanta unidade de España e non non non ao nacionalismo separatista.

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían algo máis tranquilo ao fiscal xeral que, aínda que actúa conforme á lei, en última instancia responde, non sexamos inxenuos, aos ditados políticos do goberno. As actuacións de hoxe, coas detencións de altos cargos semella como un intento de arroxar gasolina sobre un incendio que non é precisamente pequeno.

Se quixesn solucionar o de Cataluña terían que asumir que teñen un problema político. Non un problema legal ou de ataque á Constitución ou nada de todo iso que se esgrime. Teñen un problema político. E, como problema político que é, haino que abordar con criterios políticos, a saber, falando, dialogando, buscando acordos e, sobre todo, pactos. Facer política é pactar. Aínda que teñas a lei, as maiorías absolutas ou incluso a razón da túa parte.

Source: A canción do náufrago

2017-09-20T13:03:01+00:00 20 / 09 / 2017|A Canción do Náufrago|