Radio Bulebule

Radio Bulebule

Sempre é motivo de ledicia un novo libro-disco na nosa lingua, unha axuda para seguir construíndo o noso país na nosa lingua coa rapazallada. Desta volta falo de Radio Bulebule que nos trae un empurrón da voz de Paco Nogueiras coas ilustracións de David Pintor publicado por Kalandraka. A modo de emisora radiofónica, Paco Nogueiras deita doce cancións pegañentas e alegres que falan de novas actuais, que denuncian situacións ou falan mesmo da previsión metereolóxica. Por algo este é un programa de radio cantado! Iso si, sempre con ritmo que convida a bailar e a participar, como sinal de identidade de Paco. As ilustracións seguen o ronsel do anterior libro-disco Brinca vai!, con moita cor que transmite a ledicia de cantar.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2017-12-06T14:51:00+00:00 06 / 12 / 2017|Trafegando ronseis|