Quokka Moka

Quokka Moka

 Escrito por María Solar e ilustrado por Víctor Rivas, ofrécenos Xerais este divertido relato que baixo o tíulo de Quokka Moka nos conduce a reflexionar sobre a vida e a nosa postura ante ela, sobre o respecto e a educación, e tamén sobre a convivencia. Aventuras e sorpresas que veñen ben adobiadas de humor e desenfado, aínda que como digo, conducen a unha reflexión necesaria. Pero non toda! Porque o 10% segue a ser necesariamente un divertimento.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-04-01T22:03:00+00:00 01 / 04 / 2019|Trafegando ronseis|