Quiosco: A Trabe de Ouro 106

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Quiosco: A Trabe de Ouro 106

Quiosco: A Trabe de Ouro 106

A corresponder ao último trimestre de 2017, chegou ás librarías a nova entrega de A Trabe de Ouro. O número 106 da publicación de pensamento achega artigos como o de Lucio Martínez Pereda socbre “auxilio social, fame e propaganda durante a autarquía en Galicia” ou o de Francisco Fernández Rei a abordar “A nova gramática galega de Takekazu Asaka e a difusión de Galicia no Xapón”. O labor de Otero Pedrayo como tradutor de Juan Ramón Jiménez, unha análise da política lingüística do Concello de Vigo ou a socialización co patrimonio marítimo galego son algúns dos temas que se abordan na nova entrega.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|