¿QUÉ VEO?

¿QUÉ VEO?


Verplancke, Klaas & Sanctobin, Veroniek (2002) ¿Qué veo? Ilust. Klaas Verplancke, Barcelona: Editorial Combel, col. ¿qué hace? (de 0 a 3 anos), [16 pp.] (ISBN: 84-7864-387-7)

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de pequeno tamaño, con cantos redondeados e impreso en cartón duro. A historia que se conta neste volume da comezo na cuberta, xa que a imaxe que ten representada está relacionada co texto que aparece na primeira páxina impar, e remata na contracuberta. O texto, que aparece soamente nas páxinas pares, indica o que se ve na páxina anterior. As ilustracións son moi atractivas para os máis cativos xa que ocupan toda a páxina.
O contido deste álbum trata os antónimos xa que cada palabra que aparece reflexada na páxina par vai acompañada da ilustración correspondente e outra contraria. Un exemplo disto poden ser: grande-pequeno, curto-longo, mollado-seco…

Potencialidades. Como xa mencionei no contido, a obra que estamos a tratar axúdalle aos nenos e nenas a entender os contrarios e a aprender a buscar os antónimos das palabras. Se imos un pouco máis alo, podemos traballar con el a capacidade creativa do noso alumnado xa que podemos crear unha historia mediante as ilustracións presentadas. Isto é posibel grazas a que no texto aparece unha pequena frase como pode ser “el cerdo está sucio” e a tarefa dos nenos e nenas será inventar porqué este animal está manchado.

Source: primeiras lecturas[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

2017-05-19T09:24:35+00:00 30 / 04 / 2017|Primeiras Lecturas|