Pintural Mural "A Irmandade Fusquenlla", Pontedeume.

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Polo Correo do Vento/Pintural Mural "A Irmandade Fusquenlla", Pontedeume.

Pintural Mural "A Irmandade Fusquenlla", Pontedeume.

Intervención artística no Local de Ensaio de Pontedeume.

Resultado final na parte frontal do Local de Ensaio.
A IRMANDADE FUSQUENLLA liderada por Roi Xordo, rebelouse no ano 1431
en Pontedeume contra os abusos da nobreza perpetrados por Nuno Freire o Mao.
Foi o inicio das Revoltas Irmandiñas, da xente humilde que se negou a ser asoballada.
O seu exemplo perdura aínda hoxe como demostración da forza do pobo 
perante a inxustiza.
Polo Correo do Vento, 2016.
                 
Pintura Mural en Pontedeume, seleccionada no concurso que realizou 
a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol xunto
 coa Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Resultado final na parte lateral do Local de Ensaio.

A Irmandade Fusquenlla, con Roi Xordo á fronte,
asediando o Castelo de Andrade, en Pontedeume. 
Mulleres bravas guiando ao pobo na primeira Revolta Irmandiña,
en Pontedeume. Avante Irmandade Fusquenlla

“A parede pintada ao fresco ten como misión 
dar a coñecer ao pobo a súa historia.”
 Luís Seoane.

Source: Polo Correo do Vento

2017-05-19T09:25:29+00:00 27 / 10 / 2016|Polo Correo do Vento|