Pequenos da casa / Pequenos salvaxes, de J. Miller

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Pequenos da casa / Pequenos salvaxes, de J. Miller

Pequenos da casa / Pequenos salvaxes, de J. Miller


Jonathan Miller

Pequenos da casa / Pequenos salvaxes

Kalandraka, Pontevedra, 8 páxinas, 18 € (cada título), 2019.

 

Kalandraka segue a innovar no ámbito editorial e aborda con estes dous libros unha verdadeira necesidade no ámbito do pre-lectorado como é o de ofrecer un material conformado por libros de tea que reproduce animais domésticos e outros doadamente recoñecibles, especialmente concibidos para estimular a captación de imaxes, axudándose do tacto e do son e que se deixan acompañar, ademais, coa propia palabra.

Palabra que o mediador ou mediadora pode ofrecer a partir dunha proposta persoal ou outra poética, inspirada nos protagonistas e no recurso da rima, que se adxunta con cadanseu exemplar; no caso galego -pois a edición é tetralingüe- o poema preséntase baixo a responsabilidade de Xosé Ballesteros.

Beizón por esta iniciativa, polo seu acabado e por pensala para lectoras e lectores do futuro.

Source: Caderno da crítica

2019-10-21T20:54:39+00:00 21 / 10 / 2019|Caderno da crítica|