Pedro Díaz, na memoria

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Criaturas/Pedro Díaz, na memoria

Pedro Díaz, na memoria

Chégame tardiamente a nova do falecemento do amigo Pedro Díaz Lorenzo, ilustrador de estilo personalísimo e longa traxectoria no deseño gráfico. Unha persoa enormemente xenerosa que quixo agasallarnos a portada do último número desta revista nunha obra chea de detalle e traballo na que deixou a impronta do seu estilo.

No persoal Pedro foi unha persoa sempre próxima, sempre disposta a axudar e colaborar, coa mente aberta a todos os proxectos que se lle propoñían. Ante calquera idea el sempre ofrecía o seu traballo e a súa dedicación, ávido de ter historias que poder imaxinar.

Non puidemos chegar a colaborar xuntos nalgunha das ideas que de cando en cando nos cruzabamos, a vida non nos deu ese tempo.

A historia que eu pensara para os teus lapis gardareina para nós, compañeiro…

Daniel Landesa

Source: Criaturas

2018-03-20T13:09:10+00:00 20 / 03 / 2018|Criaturas|