Parece unha formiga, de Pablo Otero

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Parece unha formiga, de Pablo Otero

Parece unha formiga, de Pablo Otero

portada formiga.inddPablo Otero

Parece unha formiga

Faktoría K de Libros, 48 páxinas, 12 €, 2019

 

Rizoma, en botánica, vén a ser un talo subterráneo ou rastreiro semellante a unha raíz que medra perpendicularmente á parte aérea. Este é o nome, en plural, que inaugura unha novela colección literaria no seo de Faktoría K de Libros e que fai pensar naquilo que agroma desde o invisible, desde o que está agochado e que adquire formas imprevisibles.

Algo disto, abofé, hai neste Parece unha formiga de Pablo Otero. Algo imprevisible, tamén inclasificable e esteticamente impecable. Consegue aquí o autor-ilustrador un resultado singular incardinado nunha proposta que talvez se poida esencializar nun cuestionamento recorrente da propia realidade, ollada desde outra perspectiva en que todo semella outra cousa ou pode semellar outra cousa.

Abéirase o autor, así, ao uso de imaxes-símbolos como a néboa, a chuvia, o cabalo ou o sol, entre outros, para esculcar na realidade cotiá, na propia vida e nas cousas máis sinxelas, para articular unha proposta libre que por veces percorre os camiños do estrañamento e do sorprendente, tamén da reflexión e o pensamento. Parece unha formiga demanda unha lectura vagarosa, talvez múltiples relecturas para deixarse levar pola interpretación que cadaquén queira facer. Aí radica un dos seus méritos.

Source: Caderno da crítica

2019-07-09T10:46:41+00:00 09 / 07 / 2019|Caderno da crítica|