Papá. Leonard Cohen

Papá. Leonard Cohen

 

Hoxe hai dous anos que morreu meu pai. Hoxe hai un ano que morreu Leonard Cohen. Non significa nada. É só unha coincidencia do calendario, unha casualidade. Non busquedes máis nada. Non  hai.

Hai dous anos deixoume o meu pai. Cada día parézome máis a el. Véxoo no espello. En certas manías. Nos pregues do meu cello. Nas manchas da pel. E gústame. Gústame moito. Incluso herdei algún problemiña latoso que é pouca cousa, pero que está aí. Hai un ano morreu Leonard Cohen. Coma el, cada día teño máis claro que só Amor vence á morte, e que a poesía alimenta.

A meu pai gustáballe “Dance me to the end of love”, de Leonard Cohen.

Hoxe escóitoa para ti papá.

 

Source: A canción do náufrago

2017-11-07T13:52:29+00:00 07 / 11 / 2017|A Canción do Náufrago|