Os Megatoxos e a batalla de Rande

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Os Megatoxos e a batalla de Rande

Os Megatoxos e a batalla de Rande

Volve Anxo Fariña e volven Os Megatoxos da man de Xerais. Desta volta, o título que temos entre as mans é Os Megatoxos e a batalla de Rande, para así coñecer a batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1702 nas augas da ría de Vigo. Arredor desta batalla, os nosos protagonistas Ruxe, Faísca, Ninfa, Lúa e os xemelgos vivirán novas aventuras que xirarán, unha vez máis, arredor da amizade e que terán como pano de fondo o amor, algo que semella que mesmo podería cambiar mudar a historia. Ou non? O que si queda claro é que esa palabra que tanto usamos, ese sentimento que tanto nos emociona, ás veces require sacrificios que sen existir sería impensable. Darredor, loitas, tesouros, batallas, canóns, galeóns, e un divertimento literario, o que supón ler unhas páxinas dirixidas a rapaces e rapazas dunha franxa de idade que ama a aventura por riba de todo. Cos Megatoxos teñen ese gusto concedido.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-02-05T21:56:00+00:00 05 / 02 / 2018|Trafegando ronseis|