‘Os fillos do lume’, de Pedro Feijoo; e ‘Antoloxía da poesía galega próxima’, de María Xesús Nogueira, entre os títulos máis demandados nas librarías

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/‘Os fillos do lume’, de Pedro Feijoo; e ‘Antoloxía da poesía galega próxima’, de María Xesús Nogueira, entre os títulos máis demandados nas librarías

‘Os fillos do lume’, de Pedro Feijoo; e ‘Antoloxía da poesía galega próxima’, de María Xesús Nogueira, entre os títulos máis demandados nas librarías

O blog Cicloxénese Expresiva publicou esta semana a listaxe dos libros en galego máis vendidos no verán e nesta metade de outono. A obra de narrativa máis vendida foi Os fillos do lume, de Pedro Feijóo (Edicións Xerais). En poesía o libro máis demandado polos lectores foi Antoloxía da poesía galega próxima, de María Xesús Nogueira (Chan da Pólvora). Outro éxito editorial, pero no apartado de ensaio, foi Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, AA.VV. (Sermos Galiza).Entre os lectores máis novos os títulos máis solicitados foron Os nenos da variola, de María Solar. Editorial Galaxia e A que sabe a lúa. Kalandraka.

Podes ver aquí a listaxe completa

Source: Letra en Obras

2017-11-07T15:40:20+00:00 07 / 11 / 2017|Letra en Obras|