Os días felices de Benvido Seixas

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Os días felices de Benvido Seixas

Os días felices de Benvido Seixas

Supoño que non me tería achegado a esta novela se non houbese unha persoa que me asegurase que era divertidísima; ante isto, imposible negarse: andamos faltos de humor na nosa literatura. De aí que me animase, e aínda que non me encantou, cando menos conseguiu entreterme e arrincarme un par de sorrisos, aínda que non de gargalladas. Non diría eu que é un libro “divertidísimo” pero é socarrón e está cheo de retranca; onte comentabamos que era ata “frívolo”, entendendo esta palabra como unha necesaria revisitación de todo a seriedade que adorna normalmente canto lemos. Esta ironía da que falo agocha unha crítica moi seria ao clasismo social, a base de caricaturizar os personaxes que polas súas liñas pululan, xa que son estereotipos, clixés levados ao extremo de dúas persoas con valores e intereses totalmente diferentes que son capaces de estar xuntos porque a vida, ao final, é puro teatro.
Os días felices de Benvido Seixas, publicado pola editorial Xerais, é de Eduard Velasco. Como digo, un libro doado de ler, un entretemento necesario lonxe de artificios retóricos. O que menos me gusta, tamén hai que dicilo, é a reprodución dos risos (hahaha) que me molestan notoriamente.
Por suposto, hai moitas máis cousas, como por exemplo a defensa da Literatura Galega e do noso país, por iso hai referencias a  Novoneyra, María Mariño, Otero Pedrayo… E é que Arredor de si serve de inspiración final para a vida do protagonista.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-10-20T20:26:00+00:00 20 / 10 / 2019|Trafegando ronseis|