Onte 2040: «Coñecendo a Astrid»

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Brétemas/Onte 2040: «Coñecendo a Astrid»

Onte 2040: «Coñecendo a Astrid»

Interesoume moito Unga Astrid (2018), distribuída en España como Conociendo a Astrid, o biopic sobre a escritora sueca Astrid Lindgren. Pernille Fischer Christensen ofrece un retrato dos anos de adolescencia e mcoidade de Lindgren, anteriores ao comezo da súa escrita, no que salienta o carácter feminista, rebelde e independente da autora de Pippi medias longas (por cenrto, excelente a versión galega publicada por Kalandraka hai uns meses. Mágoa que a directora danesa non arriscase formalmente máis na narración da historia desta nai adolescente, primeiro, obrigada a parir soa f´pra do seu pais, e anos despois, a intentar conquistar coa seus contos os afectos do seu picariño. Xaora, a a excelente intrepretación de Alba August, capaz de modular as expresións de entusiasmo coas da dor, decepción e desamparo, salvan a credibilidade deste retrato conmovedor da escritora que nos anos da súa despedida, cando recibe todos os afectos e agarimos dos seus lectores e lectoras escolares, lembra os anos difíciles. Moi recomendable para as mediadoras e persoas amantes da literatura infantil e xuvenil.

Source: BrétemasBrétemas

2019-08-09T10:04:15+00:00 09 / 08 / 2019|Brétemas|