Onte 1957: “Pioneiras” de Anaír Rodriguez e Nuria Díaz na Libraría Lume

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Brétemas/Onte 1957: “Pioneiras” de Anaír Rodriguez e Nuria Díaz na Libraría Lume

Onte 1957: “Pioneiras” de Anaír Rodriguez e Nuria Díaz na Libraría Lume

Moita xente participou onte na Librería Lume da Coruña na presentación de Pioneiras. Galegas que abriron camiño, o libro de Anaír Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. Ás portas da folga feminista do 8 de marzo, no acto estivo sempre presente a humilde contribución deste álbum ilustrado, dirixido a todos os públicos, ao proceso colectivo de procura de referentes femininos alternativos aos acuñados pola actual sociedade patriarcal. Así o sinalou a autora ao comezo da súa intervención expresando a súa preocupación pola falta de referentes femininos por parte das mozas como, o que é aínda máis alarmante, a ausencia total por parte dos mozos. “O libro o que pretende é procurar referentes femininos alternativos. É breve e sinxelo, sen pretensión ningunha de carácter historiográfico. Un libro de pura divulgación para todas as idades, que asume a potencialidade do seu uso educativo para dar a coñecer as biografías dunha ducia de mulleres galegas que foron pioneiras en dar pasos que logo foron importantes para a causa das mulleres”.

Anaír Rodríguez

Source: BrétemasBrétemas

2018-03-08T08:59:45+00:00 08 / 03 / 2018|Brétemas|