Onde estás, caracol?

Onde estás, caracol?

Onde estás, caracol?
Isern Susana (2013),Onde estás,caracol?,ilust. Salaberria Leire, OQO editora.
[ 21 pp]. (ISBN: 978-84-9871-465-4).
Breve descrición do formato e contido da obra:
Trátase dun conto con cuberta e contracuberta de cartón duro, forma cadrada e rematadas en punta.
A cuberta consta do título do conto e unha ilustración de moitas cores na que se pode apreciar unha lagartiña no medio dun bosque.
Na contracubeta atopamos outra ilustración que é a continuación da ilustración na cuberta na que tamén podemos ver a un caracol pequeniño enriba dunha folla.
O conto consta de vinte dúas páxinas nas que podemos atopar unha ilustración acompañada dun pequeno texto.
As ilustracións ocupan dúas páxinas do libro ( páxina par e impar),  utilizan colores chamativos para os nenos ( roxo, amarelo, laranxa, verde…)  e os personaxes principais , o caracol e a lagartiña, sobresaen na imaxe xa que están nun tamaño máis grande.
Os debuxos das ilustracións son sinxelos e polo tanto os nenos poden identificalos facilmente xa que se aproximan aos seus debuxos.
A obra conta a historia de dous amigos, unha lagartiña e un caracol, que se querían moito e pese a que son moi distintos e teñen moitas dificultades para estar xuntos , gracias a imaxinación e a constancia conseguen superar as dificultades e estar xuntos para sempre.
Potencialidades:
Este libro conta con moitas potencialidades para traballar con nenos e nenas de educación infantil.
Por un lado podemos traballar as partes do día ( mañá, tarde e noite) xa que no libro as lagartiñas saen por o día, os caracois pola tarde e pola noite os grilos.
 Por outro lado os diferentes animais que aparecen no libro e o hábitat no que viven ( a largatiña sempre está o sol, o caracol, o sapo e a lesme en lugares húmidos).

Tamén podemos traballar os números cando se contan as gotas de auga que caen e as emocións xa que nunha ilustración aparecen xirasoles con sentimentos diferentes ( contento, triste,sorprendido…) 

Source: primeiras lecturas

2017-05-19T09:24:40+00:00 22 / 04 / 2017|Primeiras Lecturas|