Olivia y las plumas

Olivia y las plumas

Susanna Isern e Esther Gili son artífices deste Olivia y las plumas publicado por Kireei. Fermoso álbum con final sorpresivo cunha protagonista especial: unha nena que pode comunicarse cos animais. De fondo, novamente, temos a importancia vital da natureza, o seu coidado, o respecto polo medio ambiente. A relación coa natureza é a parte máis importante da historia, porque faino dun xeito case máxico: a protagonista sabe convivir con todos os seres da terra, porque esa relación coa contorna é canto precisamos. Aí xorde a maxia: no equilibrio entre a natureza e a humanidade. Asemade, o álbum convídanos a crer en nós, en perseguir os nosos soños, en ser perseverantes, en non deixarnos vencer polas adversas circunstancias. Nesta actitude o valor da amizade é poderoso.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-02-14T12:16:00+00:00 14 / 02 / 2018|Trafegando ronseis|