Oliver Laxe marca un novo fito na historia do cinema galego coa proxección do filme ‘O que arde’ no Festival de Cannes

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Oliver Laxe marca un novo fito na historia do cinema galego coa proxección do filme ‘O que arde’ no Festival de Cannes

Oliver Laxe marca un novo fito na historia do cinema galego coa proxección do filme ‘O que arde’ no Festival de Cannes

O prestixioso festival de Cannes proxectou por vez primeira nos seus 73 anos de historia unha longametraxe en lingua galega: ‘O que arde’, de Óliver Laxe. O cineasta estivo acompañado na cidade francesa polos dous protagonistas do filme: Amador Arias e Benedicta Sánchez. O filme narra unha historia que se desenvolve nos Ancares lugueses (comarca da que é orixinaria a familia de Laxe) e que conta dúas historias paralelas: a dun pirómano que sae da cadea e regresa á súa casa e a de dous brigadistas que loitan contra os incendios forestais. ‘O que arde’ chegará aos cines galegos contra o remate deste ano 2019.

Source: Letra en Obras

2019-05-21T15:46:54+00:00 21 / 05 / 2019|Letra en Obras|