Oliver Button é unha nena, de Tomie dePaola

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Oliver Button é unha nena, de Tomie dePaola

Oliver Button é unha nena, de Tomie dePaola

9781481477574cvr KLK.inddTomie dePaola

Oliver Button é unha nena (tradución de Sandra e Óscar Senra)

Kalandraka, Pontevedra, 48 páxinas, 15 €, 2020

 

Se hai libros comprometidos coa causa da igualdade, mais tamén co estrago psíquico e físico que xeran os estereotipos e os roles de xénero, ademais de abrazar o respecto á diferenza e exhibir onde ás veces residen as claves da intolerancia este é un deles.

Oliver Button é unha nena é, así pois, un libro felizmente recuperado por Kalandraka que se publicou orixinalmente no ano 1979 e, ao que parece, inspirado en experiencias máis ou menos autobiográficas do seu autor –Tomie dePaola– considerado un referente no mundo da ilustración e da literatura infantil. Nel deséñase unha historia breve e intensa, centrada na realidade e nos soños dun rapaz chamado Oliver Button cun final, malia todo o que se relata, esperanzador e que apunta, tanto daquela coma hoxe, á necesidade de entender a educación, na escola e na familia, como unha forza motriz que axude, de vez, a varrer clixés e a construír unha sociedade máis libre.

Source: Caderno da crítica

2020-03-17T13:02:20+00:00 17 / 03 / 2020|Caderno da crítica|