O valo

Publica Xerais a obra de teatro de Carlos Labraña O valo –Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016-, ilustrada por Nuria Díaz, unha reflexión excelente sobre a emigracións, os valados, as fronteiras, a situación dos exiliados, a paz e a súa procura. Con tan só dous personaxes, o libro é unha homenaxe aos refuxiados, sobre todo a nenos e nenas que padecen estes desprazamentos tan inxustos pero ao mesmo tempo tamén conta coa visión do neno que debe cumprir ordes sen cuestionalas, aínda que non sexan comprensibles. Por iso, ambos puntos de vista son importantes na obra, ese espazo de paz e liberdade que necesitan os personaxes para mellor entender o mundo que lles tocou vivir. Un mundo que, por outra parte, segue empeñado en construír cada días máis barreiras, mesmo psicolóxicas, e onde os valados que existen convértense en perigosos asaltos á dignidade e á liberdade.
Imposible non lembrarse de Valados de Agustín Fernández Paz ao achegarse a esta obra de teatro.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2017-10-10T22:40:00+00:00 10 / 10 / 2017|Trafegando ronseis|