O traballo de escribir e o lumpemproletariado

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/O traballo de escribir e o lumpemproletariado

O traballo de escribir e o lumpemproletariado

Son os autores o lumpemproletariado do negocio editorial? As redes sociais trouxeron este verán un acalorado debate no mundo cultural arxentino. A polémica rematou nun manifesto no que se denuncian os escasos dereitos e a marxinación que sofren os creadores na súa relación coas empresas editoriais e coas administracións públicas.

No texto, asinado por máis dun cento de escritores, lánzanse unha chea de preguntas ao aire: “(…) somos traballadores? Gozamos dos mesmos dereitos (servizos sociais e xubilación) que calquera outro traballador? Que relación ocupa a nosa produción no sistema de intercambio de bens? En que condicións traballamos os que participamos na creación destes bens e servizos culturais?”. Tamén se pon o foco nas políticas públicas: “É admisible que os autores sexamos os convidados de pedra na discusión e votación de leis vinculadas co libro?”

A polémica arxentina é un denominador común en moitos outros países do mundo. Incluso en literaturas minorizadas como é a galega non faltan debates semellantes. Hai pouco, ao fío da polémica pola organización da Feira do Libro da Coruña, a autora Eli Ríos publicaba un post no que, entre outras cuestións, denunciaba que “imos de balde ás feiras. Si, é certo, as persoas que escribimos pagamos a nosa gasolina, as peaxes, dedicamos horas ás viaxes, etc, e iso sae dos nosos petos”. Mais tamén hai outra cara da moeda, outros modelos posibles. Este verán o diario El País publicaba un texto sobre ‘El mejor país para ser escritor’ (Noruega).

Source: Letra en Obras

2017-09-04T11:44:31+00:00 04 / 09 / 2017|Letra en Obras|