O raposo aviador que voa sen motor

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/O raposo aviador que voa sen motor

O raposo aviador que voa sen motor

Xa botabamos de menos a Antonio Reigosa e o seu sentido do humor e amor polos raposos, listos e argalleiros. Desta volta, en O raposo aviador que voa sen motor publicado por Xerais, imos vivir unhas divertidas aventuras raposeiras xunto co protagonista, un moi destemido aviador que é quen de voar e de aterrar sen se facer dano… despois de moitas fuciñadas, claro. Porque a aprendizaxe é lenta e leva un tempo, paciencia e tenacidade: todas estas cualidades tenas o noso raposo.  Un libro para ler… e para xogar.
Ilustracións ben fermosas de Laura Cortés.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-03-20T19:11:00+00:00 20 / 03 / 2019|Trafegando ronseis|