O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa

O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa

O-raposo-aviador-que-voa-sen-motor1Con ilustracións a cargo de Laura Cortés hai xa algúns días que apareceu O raposo aviador que voa sen motor: un novo libro de Antonio Reigosa, o escritor mindoniense, cronista da súa cidade natal, investigador e divulgador da cultura popular.

Reigosa manéxase con solvencia e experiencia contrastada nesta proposta creativa para as crianzas onde, como noutras ocasións, non poden faltar os raposos. Neste caso, o protagonista gaña a complicidade de quen se achegue a este libro desde a primeira páxina, quer pola súa simpatía, quer pola súa afouteza ou pola vontade de romper barreiras e converter así o soñado en real.  Un libro lúdico, participativo e imaxinativo onde hai lugar tamén para a poesía e a música. Para non esquecer esa fábula contemporánea dona dun ritmo vertixinoso e, sen dúbida, construída con talento e efectividade.

Source: Caderno da crítica

2019-05-07T18:32:12+00:00 07 / 05 / 2019|Caderno da crítica|