O peixe arcodavella, de Marcus Pfister

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/O peixe arcodavella, de Marcus Pfister

O peixe arcodavella, de Marcus Pfister

Marcus Pfister

O peixe arcodavella (tradución Iago Nicolás Ballesteros)

Kalandraka, Pontevedra, 32 páxinas, 16 €, 2019

 

56232233_866345763711908_7404082314709303296_nMarcus Pfister é un autor e ilustrador suízo que cobrou celebridade internacional pola publicación de Der Regenbogenfisch, na editorial NordSüd en 1992traducido agora ao galego desde a edición alemá baixo o título de O peixe arcodavella.

A fábula que se encerra neste volume, iluminado con extraordinarias acuarelas e galardoado en numerosas ocasións, adquiriu con xustiza e co paso do tempo a categoría de clásico contemporáneo. Basicamente  céntrase nun peixe con escamas escintilantes que non quere compartir con outros peixes ata que, dalgún xeito e relegado á soidade por esta actitude, se fai consciente de que xustamente no feito de compartir e na xenerosidade sempre obterá unha maior satisfacción. Un libro acaído para un sector constituído por un lectorado inicial mais ao que, tamén, se lle pode tirar moito partido ao recrear, alén do sinalado, outros asuntos como a soidade, as claves do canon da beleza ou a superación de circunstancias desfavorables. Milleiros e milleiras de lectoras, en diversas linguas e ao longo de máis de vinte anos, confirman a relevancia deste libro que hoxe temos a fortuna de poder ler na nosa lingua.

 

Source: Caderno da crítica

2019-04-08T19:46:55+00:00 08 / 04 / 2019|Caderno da crítica|