O festival MOST! de Vigo presenta o seu cartel completo

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/O festival MOST! de Vigo presenta o seu cartel completo

O festival MOST! de Vigo presenta o seu cartel completo

En apenas un par de semanas ven de coñecerse un novo festival que se celebrará no medio da época invernal no país. O MOST! fará desembarcar o 15 de decembro no recinto do IFEVI de Vigo un elenco de artistas chegados do resto do Estado e internacionais para inaugurar esta nova cita cos grandes eventos musicais que se celebrará ao longo de 12 horas seguidas. Hoxe a organización xa deu a coñecer o cartel completo no que hai nomes de compoñentes de importantes bandas globais, como FOALS, New Order ou Belle and Sebastian que participarán ao xeito de sesión de Dj. Xa no formato de concertos o cartel ofrece a actuación dos suecos Mando Diao –que este mesmo ano estiveron en O Son do Camiño- e as bandas nacionais Viva Suecia!, Cycle, Sidecars e os cataláns Los Tiki Phantoms. O festival é unha iniciativa das promotoras e produtoras madrileñas THE CLOVER MUSIC & WASPRO, de Getafe. As entradas xa están á venda dese 35€ máis gastos.<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|