O Campus da Auga, a Edar de Vigo e Finsa en Santiago levan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/O Campus da Auga, a Edar de Vigo e Finsa en Santiago levan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación

O Campus da Auga, a Edar de Vigo e Finsa en Santiago levan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda deu a coñecer esta fin de semana o fallos dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, que esta entidade convoca de xeito bienal e que celebraron este ano a súa segunda edición. Os galardóns na categoría de arquitectura foron para o edificio do Campus da Auga en Ourense, un proxecto de Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias; a Estación Depuradora de Augas Residuais de Vigo, realizado por Perfecto Cendón e Javier Vázquez e mais o proxecto das instalación de Finsa, redactado por Miguel Alonso Flamarique, Roberto Erviti Machain, Mamen Escorihuela Vitales e Antón Varela García. Ademais, houbo mencións para a casa unifamiliar en Cee, de Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López e ao aparcamento na rúa Xuíz Falcone, en Noia, de Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñarez Túñez.<br>Na categoría de rehabilitación recoñeceuse a recuperación da Curtiduría de Pontepedriña (Santiago de Compostela) que realizaron Víctor López Cotelo e Ángel Panero Pardo, con mensións para a rehabilitación de vivendas na Ferrería, en Vigo de Eva Castro Álvarez e ao proxecto de acondicionamento do cuartel da Guardia Civil en Ferrol, do Estudio Anta Arquitectos. A sede da empresa Norvento no parque empresarial das Gándaras, en Lugo, asinado por Francisco Mangado e Idoia Alonso Barberena foi recoñecido co premio á sustentabilidade, mentres Javier Suances foi distinguido co premio especial à traxectoria profesional.

En paralelo, tres proxectos galegos foron galardoados nos Premios Lledó de Arquitectura Ibérica 2018:
A serie de Norvento de Lugo obtivo o Premio do público, mentres o Auditorio da mesma cidade, proxectado por Paredes Pedrosa Arquitectos, conseguiu o galardón a mellor obra nova e o Miradoiro Pedra Da Rá, de Carlos Seoane, alzouse co recoñecemento a mellor espazo público.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|